Calculadora de xustiza gratuíta
Este simulador permíteche consultar se cumpres o criterio económico para acceder ao servizo de Asistencia xurídica gratuíta.
Comproba se tes dereito a xustiza gratuíta
Non necesitarás acreditar insuficiencia de recursos económicos se:
- Se es traballador/a e/ou beneficiario/a da Seguridade Social (na orde xurisdicional social, por exemplo, se é unha demanda por despedimento ou para reclamar salarios pendentes de pagamento).
- Se es vítima de violencia de xénero, de terrorismo ou de trata de seres humanos (en procesos que teñan vinculación coa condición de vítima).
- Se es menor de idade ou tes diversidade funcional psíquica, vítima de abusos ou de malos tratos.
- Se es vítima dun accidente con lesións permanentes que che impiden exercer o teu traballo habitual (para reclamar indemnización polos danos sufridos).