A Xunta participa na xornada sobre ‘Os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade’ celebrada en Santiago
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiron esta mañá en Santiago de Compostela á inauguración da xornada Os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade: perspectivas persoal e patrimonial, organizada polo Parlamento de Galicia, o Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas.