Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza

A Xunta asiste á inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal


O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe mércores e ata o venres unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que este ano se celebra baixo o título Tutela e protección das vítimas no proceso penal

Bergondo (A Coruña), 10 de xuño de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director  xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiron hoxe na inauguración da XXVI Escola de Verán do Poder Xudicial. Este foro, que se celebrará durante tres días conta, un ano máis, coa colaboración da Xunta de Galicia a través dun convenio. Trátase dunha cita  xa consolidada e un punto de encontro para a formación de fiscais de toda España.

O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe mércores e ata o venres unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que este ano se celebra baixo o título Tutela e protección das vítimas no proceso penal, reunindo fiscais de distintas unidades especializadas para reflexionar sobre os retos actuais e os instrumentos de protección e asistencia ás vítimas de diferentes delitos.

Ao longo das tres xornadas abordaranse as principais cuestións relacionadas coa evolución do papel das vítimas no sistema de xustiza penal e co fortalecemento dos mecanismos destinados a garantir o exercicio efectivo dos seus dereitos.

O Goberno galego recolle neste convenio a súa aposta pola formación continua dos fiscais. A Xunta da Galicia, a través desta colaboración, consolida esta iniciativa como un espazo de encontro, análise e reflexión sobre os principais retos da fiscalía que se recolle no programa.

Ao longo das xornadas analizaranse os principais asuntos relacionados coa tutela e protección das vítimas no proceso penal, atención ás vítimas de violencia sexual e de xénero, a protección da infancia e adolescencia e o papel do Ministerio Fiscal como garante dos seus dereitos, así como a asistencia ás vítimas especialmente vulnerables, entre elas as persoas con discapacidade, as persoas maiores, as vítimas de trata de seres humanos e de delitos de odio e as vítimas en situacións de especial complexidade, como as grandes catástrofes e os sucesos con múltiples vítimas.