Actos inscribibles e lugares de presentación

"Pódense inscribir, as declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito e os que os seus membros consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción"

No rexistro de parellas de feito de Galicia pódense inscribir, de xeito gratuíto:

  • As declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito.
  • Os pactos que os membros da parella de feito consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción.

As solicitudes de inscrición, cancelación, incorporación ou modificación de pacto e certificación que se formulen ante o rexistro deberán axustarse aos formularios previstos especificamente.

Lugares de presentación

Calquera das solicitudes se presentará ante a delegación provincial da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, correspondente ao domicilio da parella de feito.

Tamén se poderán presentar en calquera dos lugares establecidos para presentación de solicitudes pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en cuxo caso a tramitación da solicitude e os efectos da inscrición só se producirán respecto á documentación que tivese entrada efectiva no rexistro de parellas de feito e dende a data na que tivese acceso a este.

  
Provincia Xefatura territorial. Departamento Enderezo Cita previa
A CoruñaServizo de xestión técnico-administrativaPraza Luis Seoane, s/n 15008 A Coruña
Telf.: 981 185 974 Fax.: 881 881 084
Correo-e: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es
Non
LugoServizo de xustiza e administración localRonda da Muralla,nº 70 27071 Lugo
Telf.: 982 294 303
Non
OurenseServizo de xestión técnico-administrativaAvda. da Habana, nº 79 - 6º 32004 Ourense
Telf.: 988 386 931
Fax: 988 386 384
Non
Pontevedra R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9 36003 Pontevedra
Telf.: 986 805 312
Fax: 986 805 299
Non