O 1 de xaneiro de 2016 entrou en vigor o  Real decreto 1148/2015, do 18 de decembro, polo que se regula a realización de pericias a solicitude de particulares polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos a motor. Esta norma pretende ofrecer un novo mecanismo aos cidadáns que permita unha solución rápida, segura e efectiva naqueles accidentes nos que se produza un dano corporal indemnizable.
 
 Mediante  Decreto  47/2016, do  21  de abril,  a comunidade autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias,   fixa os prezos públicos das pericias efectuadas polo Instituto de Medicina Legal de Galicia a solicitude de particulares, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor.
A solicitude poderá presentarse: