En actuacións xudiciais nas que un ou varios intervenientes non se atopen presentes na sala no momento da celebración, estes poderán participar a través de videoconferencia.
A continuación dispón de información sobre como conectarse a unha videoconferencia:
En actuacións xudiciais nas que se participa por videoconferencia, os/as profesionais acceden ao acto a través da ligazón web que é comunicada polo órgano.
Para utilizaren esta ligazón web pódese empregar un ordenador, o móbil ou a tablet, sempre que se dispoña de boa conexión a internet e dos medios audiovisuais necesarios: cámara, micrófono e altofalantes.
O órgano envíalle por correo electrónico unha ligazón para entrar na videoconferencia. Dependendo do sistema no que se organice, vai recibir un tipo ou otro de ligazón, pero sempre ten que recibir unha para poder participar.
No correo que vai recibir do órgano xunto coa ligazón de participación, nalgúns casos vai recibir claves da reunión: o número e o contrasinal que ten que utilizar no acceso, ou a petición de rexistro para participar nela. Vexa como utilizar estes datos nos seguintes apartados:
Faga clic na ligazón ou corte e pegue no navegador web recomendado Google Chrome. Se accede por primeira vez ao sistema, é posible que o navegador solicite permisos para poder acceder ao seu micro e cámara web. Acepte a solicitude e faga a proba que lle ofrece para verificar o seu vídeo e audio. Se non desexa descargar a aplicación para conectarse desde web, cancele a pantalla emerxente e seleccione "Únase desde él navegador".
Tamén pode conectarse á videoconferencia desde a aplicación, que terá que descargar previamente no seu ordenador, móbil ou tablet. Cuando vaia empregar a aplicación para conectarse á videoconferencia, é importante que utilice a axeitada, tendo en conta a ligazón que enviou o órgano.
No el caso de que utilce o móbil ou la táblet, pode descargar a aplicación desde o centro de descarga de aplicacións do seu dispositivo, realizando o mismo proceso que cando descarga calquera outra aplicación.
As persoas que se atopan en situación de internamento en centros de maiores, centros hospitalarios ou domiciliarios baixo tutela e/ou responsabilidade dunha entidade pública ou privada, poden participar en comparecencias nos órganos xudiciais a través de videoconferencia sen necesidade de trasladarse físicamente ao xulgado.
Está aprobado pola Sala de Goberno do TSXG o protocolo de participación telemática nos actos xudiciais para a relación coas residencias e centros de maiores. Tamén está dispoñible unha guía rápida que pode descargar aquí.
O proceso para conectarse á videoconferencia é o mesmo que o que realizan os profesionais. É importante que considere e valore as necesidades de audición e visión. Asegúrese de que o tamaño da pantalla e o volume do sonido son os idóneos. No caso de ter que usar móbil ou tabet, recoméndase emplear pantallas grandes e dispositivos actualizados. Procure que o espacio no que vai a establecer a conexión permita a privacidade e o illamente do ruido e das interrupcións.
 
	 
	 
	