Comunicacións electrónicas

LexNET é o sistema empregado polos órganos xudiciais de Galicia e os profesionais no envío bidireccional de comunicacións electrónicas seguras.

Co obxectivo de facilitar a entrega de documentación naqueles casos nos que que o tamaño dos arquivos a enviar supere a capacidade máxima permitida por LexNET, habilitouse, de forma complementaria, a posibilidade de enviar a documentación restante a través do formulario Documentación exceso de cabida en LexNET dispoñible no portal web de ACCEDA-Justicia. Polo momento, poden recibir solicitudes telemáticas de exceso de cabida en LexNET determinadas Oficinas de Rexistro y Repartición de Galicia.

 

1. LexNET

Aliñado cos cambios lexislativos introducidos principalmente pola Lei 42/2015 de reforma da Lei de axuizamento civil no ano 2015 leváronse a cabo as actuacións precisas para a implantación do sistema LEXNET, como sistema para levar a cabo calquera tipo de comunicación electrónica entre os distintos órganos xudiciais de Galicia e os profesionais, servizos xurídicos e entidades que determina o Real Decreto 1065/2015, do 27 de novembro, sobre comunicacións electrónicas na Administración de Xustiza no ámbito territorial do Ministerio de Xustiza e polo que regula o sistema LexNET, incluída a presentación de demandas e escritos.

Acceso a Lexnet

Este modelo de relación da Administración de Xustiza cos operadores xurídicos e entidades habilitadas supón un importante avance no camiño cara ao expediente xudicial electrónico e un incremento substancial na eficiencia e axilidade destas comunicacións. Non obstante, é un proceso complexo no que xorden multitude de dúbidas e casuísticas novas que deben ser aclaradas ou procedementadas, respectivamente, para lograr o obxectivo de eficiencia, axilidade e calidade na xestión procesual dos xulgados de Galicia.

 

2. ACCEDA-Xustiza

Para facilitar a entrega telemática de documentación nos casos nos que exista un exceso de cabida en LexNET, é dicir, naqueles nos que o tamaño da documentación a enviar supere a capacidade permitida polo sistema, habilitouse o formulario de Solicitudes>Documentación exceso de cabida en LexNET no portal ACCEDA-Xustiza.

Deste xeito, toda a documentación que non se puido entregar vía LexNET, pode ser presentada inmediatamente, unida ao escrito, no mesmo momento no que se realiza o rexistro na aplicación de xestión procesual, garantindo así a continuidade do Expediente Xudicial Electrónico.

Acceda-Xustiza evita ao profesional o ter que acudir presencialmente a entregar a documentación pois, o trámite, en lugar de realizarse como se levaba facendo tradicionalmente, de forma presencial, realízase agora a través do formulario dispoñible na páxina.

Poden recibir solicitudes telemáticas de exceso de cabida en LexNET os seguintes órganos:

  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil da Coruña.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Lugo.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Ourense.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Vigo.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Ferrol.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Audiencia Provincial de Ourense.
  • Xulgado de Instrución nº1, nº2, nº3 de Ourense.
  • Xulgado de Instrución nº1, nº2, nº3 de Ferrol.

Consulte aquí a ficha dirixida a profesionais na que se indica como enviar a documentación de exceso de cabida en LexNET a través de ACCEDA-Xustiza.