INSTRUCIÓNS QUE DEBE CONSULTAR ANTES DE PEDIR A CITA
Por favor, antes de solicitar cita previa, consulte a información do trámite que desexa realizar e se ten alguna dúbida envíe a súa consulta a través do correo registrocivil.acoruna@justicia.es
Só poderán solicitar cita previa as persoas empadroadas no partido xudicial deste rexistro civil, e persoas con interese lexítimo. En caso contrario, a cita non será atendida.
É obrigatorio pedir cita a través desta páxina para:
- Nacionalidade, traslados, vecindade civil.
- Matrimonio: presentación documentación e capitulacións.
- Matrimonio: ratificacións, audiencia previa e declaración de dúas testemuñas.
Para os seguintes trámites deberá cursar a súa solicitude de cita a través do correo registrocivil.acoruna@justicia.es:
- Disforia de xénero.
- Recoñecemento e expedientes de filiación.
- Cambio de nome e apelidos, inversión de apelidos, tradución do nome.
- Inscricións de nacementos fóra de prazos, legaxo de abortos.
- Corrección de erros.
Para os seguintes trámites non se necesita cita previa, neste caso, o horario de atención ao público no Rexistro é de 9 a 14 horas, de luns a venres. Certificacións e recollida de documentación, de 9 a 18 horas, de luns a venres, e sábados, de 10 a 13 horas:
- Fe de vida.
- Solicitude de certificados. (Recoméndase pedilos a través do correo electrónico registrocivil.acoruna@justicia.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza para evitar desprazamentos innecesarios).
- Inscricións recén nados.
- Demais trámites non incluídos en ningún dos anteriores.
Non se tramita neste Rexistro Civil a apertura de expedientes de NACIONALIDADE POR RESIDENCIA, salvo a autorización necesaria para a súa obtención polos menores de 14 anos. A nacionalidade por residencia deberá solicitala ante a sede electrónica do Ministerio de Xustiza ou nos rexistros administrativos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.
É indispensable acudir cos documentos que se poden descargar abaixo deste apartado debidamente cubertos. Por favor, antes de solicitar unha cita, comprobe que dispón de toda a documentación solicitada. E lembre asistir á cita debidamente identificado/a con DNI, NIE ou pasaporte.
- Matrimonios
- Instrucións matrimonio
- Solicitude capacidade matrimonial
- Solicitude matrimonio
- Matrimonio evanxélico
- Inscricións de capitulacións matrimoniais
- Aportar escrituras e libro de familia orixinal
*Para a solicitude de inscrición de matrimonio celebrado no extranxeiro, deberá solicitar cita no apartado de nacionalidade
- Nacionalidade
- Xuras de nacionalidade
- Nacionalidade por simple presunción
- Nacionalidade por opción
- Vecindade civil
- Inscricións de actos realizados no estranxeiro
- Traslado de inscricións