A cidadanía debe pedir cita previa para ser atendida nos órganos xudiciais da comunidade co obxectivo de evitar desprazamentos innecesarios ás sedes.
O artigo 23 do Real Decreto-lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza, durante o estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización, indica que a atención ao público en calquera sede xudicial ou da fiscalía realizarase de forma preferente por vía telefónica ou a través do correo electrónico.
No caso de que por parte da oficina se estime que a presenza na sede xudicial é indispensable, será necesaria a obtención da cita previa.
A continuación pode consultar os teléfonos e correos electrónicos dos órganos xudiciais da comunidade.