Accesibilidade

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais do portal exustiza.es sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Co cumprimento destas esixencias, a Xunta de Galicia aplica tamén o sinalado no artigo 25 do Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet, que menciona que os portais incluídos no seu ámbito de aplicación (todos os órganos e ás unidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia) deberán:

  • Garantir na publicación dos seus contidos o cumprimento dos criterios xeralmente admitidos en materia de accesibilidade, prestando especial atención ao acceso á información por parte dos colectivos con diversidade funcional.
  • Garantir que a información dispoñible neses portais da internet sexa accesible á cidadanía cun nivel mínimo de conformidade AA da última revisión da Norma UNE 139803

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web exustiza.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a súa portada.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data de 08/10/2013.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer; pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.
  • Netscape e Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Neste portal están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

  • 0 - Portada
  • 1 - Subportada Cidadáns
  • 3 - Aviso legal
  • 4 - Política de cookies
  • 6 - Accesibilidade
  • 7 - Mapa
  • 8 - Faqs

Tamaño dos textos

As páxinas do portal exustiza.es especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

  • Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”.
  • Netscape e Firefox: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.
  • Opera 7 e superior: a través do menú ”Ver” > ”Escala” ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Navegación

Para facilitar a navegación e identificación deste portal, todas as súas páxinas manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e o pé de páxina.

A cabeceira contén:

  • Versións idiomáticas do portal (galego e castelán)

Un menú principal con...

  • Cidadáns

O pé contén, principalmente:

  • Ligazón ao portal corporativo da Xunta
  • Aviso legal
  • Política de cookies
  • Formulario de contacto
  • Accesibilidade
  • Mapa do portal
  • FAQs ou preguntas frecuentes
  • Imaxe da marca Galicia con ligazón ao portal web de Turgalicia