Censo Xeral de Letrados

O censo de letrados colexiados dos Colexios de Avogados de toda España está a disposición de calquera cidadán na páxina web do Consello Xeral da Avogacía Española.

A información que se fornece en liña é transcrición directa e exacta da que periodicamente remiten os Colexios de Avogados ao Consello en virtude do art. 68.1 do Estatuto Xeral da Avogacía Española e está suxeita á Lei Orgánica de Protección de Datos en virtude da cal estes datos non poderán utilizarse para fins comerciais, publicidade ou prospección comercial dos datos do contacto; requírese o consentimento expreso dos colexiados, salvo os supostos recolleitos na Lei.