Cita previa no Rexistro Civil

É necesario pedir cita previa para acudir ao Rexistro Civil co obxectivo de evitar desprazamentos innecesarios ás sedes.

Antes de solicitar a cita, infórmese sobre a documentación que debe presentar no seu Rexistro Civil e que pode atopar a continuación:

 

  • Xuras de nacionalidade
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación:
    • Cuestionario de datos relativos ao seu nacemento, cuberto con letra clara e en maiúsculas
    • Orixinal e fotocopia do permiso de residencia e, se o tivese, orixinal e fotocopia do libro de familia español
    • Os seguintes orixinais:
      • Certificación literal de nacemento, debidamente legalizada ou apostillada e traducida ao español (se estivese noutro idioma)
      • Certificacións de antecedentes penais actualizadas, do seu país de orixe e español
      • Certificación padroal conxunta
  • Expedición do libro de familia, duplicados e anotacions.
  • Entrega de documentación para todo tipo de expedientes.
  • Capitulacións matrimoniais.
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación (só se poderá presentar por unha das persoas contraíntes ou os proxenitores destas con autorización asinada):
    • Capitulacións (copias tanto para o rexistro civil como para as persoas contraíntes)
    • DNI
    • Autorización asinada polas persoas contraíntes no caso de levalas os seus proxenitores
  • Expedición de certificacións e fes de vida.
  • Expedientes matrimoniais
  • Xuras de nacionalidade
    Para este caso a persoa interesada deberá presentar a seguinte documentación:
    • Cuestionario de datos relativos ao seu nacemento, cuberto con letra clara e en maiúsculas
    • Orixinal e fotocopia do NIE ou pasaporte
    • Os seguintes orixinais:
      • Certificación literal de nacemento, debidamente legalizada ou apostillada e traducida ao español (se estivese noutro idioma)
      • Certificacións de antecedentes penais actualizadas, do seu país de orixe e español
      • Certificación padroal actual
      • Xustificante da data de notificación da resolución pola que se lle concede a nacionalidade
  • Capitulacións matrimoniais
  • Fe de vida
  • Nacementos

  • Deben comparecer ambos proxenitores cos seus documentos de identidade nos seguintes casos:
    • Que sexa o/a primeiro/a fillo/a (aínda que estean casados)
    • Que non estean casados
  • Certificacións

 

Unha vez revisada a información do seu Rexistro, por favor, solicite a quenda incluíndo tódolos datos e o seu enderezo electrónico, pois o Rexistro poderá enviarlle instrucións ou documentos adicionais que deberá presentar o día da cita.

 
 

Solicitar cita previa