Poxas xudiciais

Segundo o establecido pola Lei 19/2015 , do 13 de xullo, de medidas de reforma administrativa no ámbito da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil dende Outubro do 2015 cóntase cun portal único de poxas xudiciais e administrativas, na Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.

A transversalidade desta solución permite ao cidadán, unha vez rexistrado, intervir tanto en poxas xudiciais como administrativas baixo un modelo común. A solución pon á disposición dos usuarios rexistrados unha serie de alertas sobre as poxas dos bens nos que puidera estar interesado. Os distintos tipos de bens que se poden tratar nestas poxas son:

  • Bens inmobles: vivendas, garaxes, solares, etc.
  • Bens mobles: maquinaria, mobiliario, etc.
  • Vehículos: turismos, vehículos industriais, e outros vehículos.