Rexistro de parellas de feito

"Son parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia"

Son parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no rexistro de parellas de feito de Galicia.

Segundo a Lei 10/2007, do 28 de xuño, que reforma a disposición adicional terceira de Lei de Dereito Civil de Galicia—, os seus membros deben expresar a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio co que se estenden aos membros da parella os dereitos e as obrigas que a lei recoñece aos cónxuxes.

Non poden constituír parellas de feito:

  • Os familiares en liña recta por consanguinidade ou adopción.
  • Os colaterais por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
  • Os que estean ligados por matrimonio ou formen parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.

Os membros da parella de feito poderán establecer en escritura pública os pactos que consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos, que corresponden como membro da unión ou gravemente prexudiciais para cada un destes.

A inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia é voluntaria e ten carácter constitutivo. Para acceder á inscrición os membros da parella de feito deberán cumprir os requisitos legais establecidos.