Asistencia xurídica gratuíta

"Teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta os cidadáns españois, os nacionais dos demais estados membros da UE e os estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar"

A asistencia xurídica gratuíta é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución Española de 1978, no seu artigo 24, que consagra o dereito fundamental de toda persoa a obter a tutela xudicial efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión.

Para asegurar o acceso de todas as persoas á xustiza en condicións de igualdade e de eliminar a discriminación por falta de recursos económicos, a propia Constitución e a Lei Orgánica do Poder Xudicial recoñecen que a xustiza será gratuíta cando así o dispoña a lei e, en todo caso, para os que acrediten insuficiencia de recursos para litigar.

En virtude desta mandato aprobouse a Lei 1/1996, de 10 de xaneiro, de Asistencia xurídica gratuita, que é de aplicación xeral en todo tipo de procesos xudiciais, incluídos os recursos de amparo constitucional, así como ao asesoramento previo ao proceso. Segundo esta lei, teñen dereito á prestación da asistencia xurídica gratuíta:

  • Os cidadáns e cidadás españois, os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.
  • As entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, en todo caso.
  • As seguintes persoas xurídicas, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar:
  • Na orde xurisdicional social, os traballadores e beneficiarios do sistema de Seguridade Social, tanto para a defensa en xuízo coma para o exercicio de accións para a efectividade dos dereitos laborais nos procedementos concursais. Así mesmo, o dereito á asistencia xurídica gratuíta recoñécese os traballadores e beneficiarios da Seguridade Social para os litixios que sobre esta materia se tramiten ante a orde contenciosa-administrativo.
  • Na orde contenciosa-administrativa, así como na vía administrativa previa, os cidadáns estranxeiros que acrediten insuficiencia de recursos para litigar terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuíta nos procedementos que poidan levar á denegación da súa entrada en España, a súa devolución ou expulsión do territorio español, e en todos os procedementos en materia de asilo.
  • Nos litixios transfronteirizos en materia civil e mercantil, as persoas físicas contempladas no Capítulo VIII da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, nos termos que nel se establecen.

A xustiza gratuíta en España adminístrase de forma diferente en función da lexislación aplicable en cada comunidade autónoma. Nesta sección ofrécese información sobre os diferentes perfís profesionais e órganos que interveñen na prestación deste dereito: