A testemuña é aquela persoa, nacional ou estranxeira, que presta testemuño sobre feitos obxecto de litixiosidade, coñecidos por el por diferentes razóns e que poden servir de proba nun procedemento xudicial, á hora da súa resolución.
Toda persoa que teña coñecemento, directa ou indirectamente, de feitos obxecto dun proceso relevante para a resolución do asunto e sexa citada pola autoridade xudicial, ben porque así o acordou de oficio o xuíz ou ben porque así o solicitou o fiscal ou as partes, poderá ser considerado como testemuña xudicial.
Basicamente pódense distinguir dúas clases de testemuñas:
As principais características da figura da testemuña son:
A testemuña xudicial ten como principais ámbitos de intervención o proceso civil e o proceso penal, pero tamén é importante a súa intervención xurisdición social e contencioso-administrativa.
No ámbito penal prevense medidas especiais de protección para as testemuñas cando a autoridade xudicial aprecie racionalmente un perigo grave para a testemuña, o seu cónxuxe ou persoa a quen se ache ligado por análoga relación de afectividade ou os seus ascendentes, descendentes ou irmáns.
Poderán ser testemuñas todas as persoas en xeral, coas seguintes particularidades: