A lei establece dúas modalidades:
 - Aquela que está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese, os fillos ou fillas menores, con excepción dos que se atopen emancipados.
- A formada polo pai ou pola nai  e mais polos fillos ou fillas que reúnan os requisitos expostos no  apartado anterior, é dicir, que non se atopen emancipados/as (artigo 3  da lei).
Excepcións ao cómputo de ingresos por unidade familiar:
 - Hai  situacións nas que o cómputo dos ingresos non se fai pola unidade  familiar, senón que tan só se computan os da persoa física, como é o  caso que contempla o artigo 3.3 da lei, en que o solicitante acredita a  existencia de intereses contrapostos co resto da familia no litixio para  o que se solicita a asistencia.