Nacionalidade

"Adquiren a nacionalidade española: todos os nacidos de pai ou nai españois; os nacidos en España de pais estranxeiros se, polo menos, un deles tivese nacido tamén en España; os nacidos en España cuxa filiación non resulte determinada..."

A nacionalidade outorgase nos seguintes supostos:

  • Nacionalidade de orixe.
    • Todos os nacidos de pai ou nai españois.
    • Os nacidos en España de pais estranxeiros se, polo menos, un deles tivese nacido tamén en España, se ambos os dous careceren de nacionalidade ou se a lexislación de ningún deles atribúe ao fillo unha nacionalidade.
    • Os nacidos en España cuxa filiación non resulte determinada. Para estes efectos, presúmense nacidos en territorio español os menores de idade cuxo primeiro lugar coñecido de estanza sexa territorio español.
    • Tamén terán nacionalidade de orixe, os estranxeiros menores de dezaoito anos adoptados por un español dende o mesmo momento da adopción.
  • Nacionalidade por posesión e utilización continuada durante o período de tempo que se determine legalmente, con boa fe e baseada nun título inscrito no Rexistro Civil.
  • Nacionalidade por residencia continuada en España, nas condicións que a lei estableza e mediante a concesión outorgada polo ministro de Xustiza.
  • Nacionalidade a través de dereito de opción, para as persoas que estean ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español; para aquelas persoas cuxo pai ou nai tería sido orixinariamente español e nacido en España e para as persoas maiores de idade cuxa filiación ou adopción fose constituída ou determinada a favor dun español.
  • Nacionalidade por carta de natureza, outorgada discrecionalmente mediante real decreto, cando no interesado concorran circunstancias excepcionais.

E inscribiranse no Rexistro Civil español as declaracións e demais feitos que afecten á condición xurídica de español ou ter nacionalidade española.

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar dende esta web no espacio de cita previa, e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.