O Código penal de 1995 prevé expresamente o outorgamento de  determinados beneficios xurídicos ao infractor que repare o dano causado  á vítima, de modo que a participación do infractor nun proceso de  mediación ten maior repercusión na satisfacción da vítima (permite a  esta preguntar os porqués, posibilita expresar a súa dor e sentimentos,  permite escoitar a petición de desculpas e a reparación do dano ata onde  sexa posible).
     
     A Vicepresidencia e Consellería de  Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ten  posto en marcha en Ourense un Programa de mediación intraxudicial penal  en delitos de seguridade viaria, que conta coa colaboración do Consello  Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Superior da Comunidade autónoma, e o  Colexio de Avogados de Ourense, para ofrecer o devandito servizo á  cidadanía. O dito proceso conta cun equipo permanente de  mediación dependente do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.
A finais de novembro de 2015, a Vicepresidencia asinou un convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal e a Universidade de Santiago, para poñer en marcha un programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago de Compostela.