Para formar parte dun tribunal do xurado existen os seguintes requisitos previos:
- Ser español e maior de idade.
- Saber ler e escribir.
- Encontrarse en pleno exercicio dos dereitos políticos.
- Ser veciño, no momento da designación, de calquera dos municipios da provincia onde se cometese o delito.
- Non estar impedido física, psíquica ou sensorialmente para realizar a función do xurado.
Xunto a estes requisitos previos tamén existen os seguintes posibles motivos para escusarse de actuar como xurado:
- Ser maior de 65 anos de idade.
- Ter feito funcións de xurado dentro dos 4 anos anteriores.
- Graves trastornos por motivo de cargas familiares.
- Ter un traballo de relevante interese xeral cuxa substitución ocasionaría prexuízos importantes.
- Residir no estranxeiro.
- Ser militar profesional en activo se concorren razóns de servizo.
- Outras causas que dificulten o desempeño do cargo por circunstancias persoais, profesionais, de cargo e parentesco.
Así mesmo a Lei do Tribunal do Xurado tamén determina causas de incompatibilidade, de incapacidade e de prohibición para ser xurado.