Certificacións e outros formularios

"Os rexistros civís españois tamén son competentes para expedir certificacións e duplicados dos datos que consten nos asentos do Rexistro Civil. Expediranse a petición do interesado e gozarán da presunción de exactitude"

Os rexistros civís españois tamén son competentes para expedir certificacións e duplicados dos datos que consten nos asentos do Rexistro Civil. Expediranse a petición do interesado e gozarán da presunción de exactitude, constituíndo proba plena dos feitos e actos inscritos no Rexistro Civil.

As certificacións poden ser positivas ou negativas.

  • As certificacións positivas poden ser:
    • Literais, cando conteñan a totalidade do contido do asento ou asentos a que se refiran.
    • En extracto, cando conteñan os datos que se determinen regulamentariamente.
  • As certificacións negativas acreditan que non consta ningún asento sobre a información solicitada.

As certificacións poden ser solicitadas polo cidadán que así o requira e teña interese, salvo nos suposto en que a normativa vixente impida que se dea publicidade sen autorización especial. A solicitude presencial deberase realizar ou dirixir ao Rexistro Civil onde se realizou a inscrición do acto. Entre as principais clases de certificacións que se poden solicitar nos rexistros civís, destacan as seguintes:

  • Certificación de nacemento. É o documento emitido polo Rexistro Civil ou consular do lugar onde se inscribiu o nacemento e dá fe do feito do nacemento, da súa data, do sexo do inscrito, da hora en que se produciu o nacemento e da filiación do inscrito.
  • Certificación de matrimonio, é o documento expedido polo Rexistro Civil que dá fe do acto do matrimonio, dos contraentes, da data, hora e lugar en que aconteceu.
  • Certificación de defunción, é o documento oficial que acredita o falecemento da persoa.
  • Certificación de fe de vida e estado, é o documento oficial que dá fe de que unha persoa está viva e cal é o seu estado civil, solteiro, viúvo ou divorciado, será emitida polo Rexistro Civil, tras a comparecencia do suxeito interesado.

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar dende esta web no espacio de cita previa, e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.