O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participa na inauguración do V Congreso Internacional Carlos Fernández Nóvoa, no que se abordan as novas tendencias no dereito da competencia e da propiedade industrial e intelectual
Vigo, 27 de outubro de 2025
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración do V Congreso Internacional Carlos Fernández Nóvoa, no que se abordan as novas tendencias no dereito da competencia e da propiedade industrial e intelectual. Na súa intervención, o director xeral destacou a importancia da formación continua para evitar a inseguridade xurídica ante os cambios normativos e tecnolóxicos relacionados con estes ámbitos, ademais de ser garantía para a prestación de servizos de calidade.
Así, José Tronchoni referiuse á necesidade de distinguir os conceptos de propiedade industrial e intelectual, cuxos ámbitos de aplicación poden xerar inseguridade nos operadores xurídicos. Nesta liña, salientou o interese das xornadas como a inaugurada hoxe, que permite analizar os procedementos e boas prácticas adoptados para identificar e clasificar os riscos operativos e legais de cara a establecer mecanismos de prevención, xestión e reacción.
[Fonte: Xunta de Galicia]