Convenio sobre desafiuzamentos

O convenio asinado entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) establece un protocolo de actuación aplicable en procedementos de execución hipotecaria que versen sobre vivendas habituais ou procedementos de desafiuzamento de vivenda habitual por falta de pagamento da renda. En todo caso, refírese en especial a aquelas situacións de especial vulnerabilidade ou desvalemento.