INSTITUCIÓNS DO DEREITO CIVIL GALEGO

Principais institucións do dereito civil galego

O contrato de vitalicio

O vitalicio é un contrato polo cal, unha ou máis persoas, se obrigan unha con respecto á outra, ou doutras, a prestar alimento na extensión que acorden e en concepto de contraprestación polos bens ou dereitos que reciba o obrigado a prestalos.

O retracto de graciosa

O retracto de graciosa poderase exercer en todos os casos de execución patrimonial de bens de natureza agraria, se o debedor executado tivese a condición de profesional da agricultura, podendo retraer ou recuperar os bens que fosen adxudicados no prazo de trinta días a partir da data da notificación da adxudicación

O usufruto voluntario do cónxuxe viúvo

Permite aos cónxuxes pactar en escritura pública ou dispoñer en testamento a atribución unilateral ou recíproca do usufruto sobre a totalidade ou parte da herdanza.

A mellora de labrar e posuír

É o pacto sucesorio a través da cal o titular ascendente dun lugar acasarado, explotación agrícola ou establecemento fabril, industrial ou comercial que o queira conservar indiviso pode pactar a súa adxudicación íntegra a calquera dos seus fillos ou descendentes, e aínda que as sortes de terra se encontren separadas.

A apartación

É o pacto sucesorio do dereito civil galego polo cal quen teña a condición de herdeiro lexítimo, se se abrise a sucesión no momento en que se formaliza o pacto, quedará excluído de modo irrevogable, por sí e a súa liñaxe, da condición de herdeiro forzoso na herdanza do apartante, a cambio dos bens concretos que lle sexan adxudicados inter vivos.

As partillas feitas polos herdeiros maioritarios

Os herdeiros maiores de idade que representen máis do cincuenta por cento do haber hereditario ou sexan dous cando menos, poderán promover ante notario a partición da herdanza, comezando por notificar o devandito propósito aos demais interesados, e sempre que non exista contador-partidor designado polo causante.

A casa patrucial e a veciña

A casa patrucial ou agrupación-comunidade familiar liderada por un pater familias e os seus anexos (edificio-vivenda, as cortes, dependencias accesorias, palleiros, patios, hórreos, currais, e os diversos terreos, xuntos ou dispersos, da explotación) constitúen un patrimonio indivisible. Os patrucios dunha parroquia constitúen a veciña, que administra os bens en man común segundo o costume ou conforme ao acordado pola maioría.