INSTITUCIÓNS DO DEREITO CIVIL GALEGO

Dereito sucesorio

Dereito sucesorio

Segundo o Dereito Civil de Galicia, a sucesión hereditaria deférese, en todo ou en parte, por:

  • Testamento (acto de última vontade do defunto ou sucesión testada a través de diferentes tipos de testamento).
  • Calquera dos pactos sucesorios admisibles conforme á lei e o dereito (melloras, apartación, sucesión lexítima ou intestada, usufruto...)

Sucesión testamentaria

Producirase sucesión testada, cando unha persoa dispón para despois da súa morte de todos os seus bens ou de parte deles, outorgando un dos seguintes testamentos:

  • Testamento aberto ordinario individual, feito ante notario de forma individual e no que non é necesaria a presenza de testemuñas, salvo en determinados supostos.
  • Testamento aberto ordinario mancomunado, outorgado polos cónxuxes ou por dous ou máis persoas nun único instrumento notarial.
  • Testamento por comisario, no que cada un dos cónxuxes poderá nomear comisario ao outro co obxecto de que poida distribuír os bens do defunto e designar herdeiro ou legatario entre os fillos e descendentes comúns, sen prexuízo das lexítimas e das melloras, a devandita facultade tamén poderá realizarse a través de capitulacións matrimoniais.

Sucesión intestada

Por outro lado, producirase a sucesión intestada no suposto de inexistencia de testamento, invalidez ou nulidade deste e non existindo persoas con pleno dereito a herdar de acordo coa Lei de Dereito Civil de Galicia, a sucesión rexerase polo disposto no Código Civil.