Atención á vítima e á cidadanía

"A Lei 4/2015 entra en vigor o 28 de outubro de 2015"

A Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito, en liña coa normativa europea na materia e coas demandas que formula a nosa sociedade, pretende, partindo do recoñecemento da dignidade das vítimas, a defensa dos seus bens materiais e morais e, con iso, os do conxunto da sociedade.

As disposicións da devandita Lei aplícanse ás vítimas de delitos cometidos en España ou que poidan ser perseguidos en España, con independencia da súa nacionalidade, de se son maiores ou menores de idade ou de se gozan ou non de residencia legal.

Nela recóllense unha serie de disposicións relativas á organización e funcionamento das Oficinas de Asistencia ás Vítimas e introdúcense distintas previsións para reforzar a coordinación entre os distintos servizos que realizan funcións en materia de asistencia ás vítimas.