Características e competencias

"Facilitar información sobre a identificación, situación e competencia de calquera órgano ou servizo así como responder ás demandas concretas de información sobre competencia dos órganos, procedementos, trámites, requisitos e documentación"

Os servizos comúns de Atención á Vítima e Asistencia á Cidadanía son atendidos por persoal ao servizo da Administración de xustiza e teñen a función principal de atención personalizada á cidadanía, tanto persoal coma telefónica. Ademais, esta atención debe ser adaptada ás características sociais, culturais e psicolóxicas de cada un dos cidadáns que acudan aos xulgados solicitando atención ou información.

Cómpre distinguir as principais competencias de cada oficina (a de Atención aos/ás Cidadáns/ás e as de Asistencia ás Vítimas), partindo de que as dúas dependen do xuíz decano e do secretario xudicial do decanato.

Oficinas de Atención á Cidadanía

Respecto ás Oficinas de Atención Cidadá, correspóndelles estas competencias:

  • Facilitar información xeral sobre a identificación, situación e competencia de calquera órgano ou servizo da Administración de xustiza -especialmente, os situados na mesma sede-, así como responder ás demandas concretas de información sobre competencia dos órganos, procedementos, trámites, requisitos e documentación para as actuacións que o cidadán se propoña realizar.
  • Proporcionar asistencia respecto dos trámites e documentos precisos para reclamar as indemnizacións económicas que lle poidan corresponder ao/á cidadán/á pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos.
  • Subministrar información aos/ás cidadáns/ás sobre a existencia dos servizos de orientación xurídica dependentes dos colexios de avogados no suposto de consultas referidas ao seu ámbito de actuación. En ningún caso a atención e información facilitada entrañará unha interpretación normativa, consideración ou asesoramento xurídicos nin valoración económica ningunha sobre os distintos tipos de procedemento.
  • Facilitar orientación ás vítimas de delitos en relación cos servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa atención.
  • Facilitar os documentos e formularios aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, así como aqueles confeccionados pola Xunta de Galicia en materia de xustiza.

Oficinas de Asistencia á Vítima

As Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV) son equipos multidisciplinares formados por un psicólogo e un traballador social para prestar atención e asistencia ás vítimas dos delitos.

Teñen como obxectivo xeral prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas e dar resposta ás necesidades específicas no ámbito xurídico, psicolóxico e social.

Configúranse como un servizo público e gratuíto para protexer adecuadamente a intimidade e dignidade da vítima e evitar o risco da súa revitimización ou vitimización secundaria.

Os destinatarios dos seus servizos son:

  • As mulleres vítimas de violencia de xénero e os fillos e fillas menores, así como quen estea suxeito/a a tutela, garda ou custodia das mulleres vítima de violencia de xénero.
  • As persoas menores de idade vítimas do delito, especialmente se este é de abuso, explotación ou pornografía infantil.
  • As vítimas de agresións sexuais.
  • As vítimas de trata de seres humanos.
  • Calquera outra vítima na que concorran factores de especial vulnerabilidade, xa sexa pola súa situación persoal, xa sexa pola violencia ou gravidade do delito: entre outros, menores vítimas de abuso ou maltrato e persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental.
  • As demais vítimas, nos termos contidos no artigo 2 do Estatuto da vítima do delito.

NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:

  • Acollida á vítima, identificándose e atendéndoa de forma personalizada e confidencial, ofrecéndolle un trato respectuoso, profesional, individualizado e non discriminatorio.
  • Apertura e rexistro do expediente da vítima.
  • Información da posibilidade de ser derivada ós servizos psicolóxicos e sociais explicando a finalidade de cada un deles.

NA FASE DE INFORMACIÓN:

O persoal dos corpos xerais ó servizo da Administración de xustiza facilitaralles ás vítimas a información que proceda en cada caso.

NA FASE DE INTERVENCIÓN:

  • Recollida de información sobre os efectos das medidas adoptadas, para a súa incorporación ao expediente.
  • Coordinación co resto de servizos psicosociais, policiais ou outros, principalmente para o seguimento das vítimas vulnerables de alto risco e para o apoio na obtención da protección que lles poida corresponder.

NA FASE DE SEGUIMENTO:

  • Seguimento da execución das medidas de protección propostas e adoptadas.

NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:

  • Obtención de datos, nos termos indicados no ANEXO III, cando a vítima sexa derivada directamente a eles/as ou para evitar a vitimización secundaria.
  • Recollida de información e avaliación inicial da vítima respecto ás súas necesidades de asistencia social.

NA FASE DE INFORMACIÓN:

  • Sobre as medidas de asistencia e apoio dispoñibles e procedentes para o caso concreto (médicas, materiais, etc.), así como acerca do procedemento para a súa aplicación.
  • Sobre as posibilidades de obter un aloxamento alternativo, cando resulte oportuno.
  • Sobre as indemnizacións ou axudas económicas ás que poida ter dereito, e se for o caso, sobre o procedemento para reclamalas.
  • Sobre os servizos sociais e asistenciais especializados e dispoñibles que poidan prestar asistencia.

NA FASE DE INTERVENCIÓN:

  • Asistencia na xestión de solicitudes e coordinación con outros servizos sociais.
  • Elaboración dos informes de avaliación individualizada que lles solicite a autoridade xudicial ou fiscal competente para adoptar as medidas de protección, á cal lle serán remitidos con carácter reservado, sen que teñan a consideración de pericia.

NA FASE DE SEGUIMENTO:

Da suficiencia dos servizos e recursos asignados.


NA FASE DE ACOLLIDA - INFORMACIÓN:

  • Obtención de datos, nos termos indicados no ANEXO III, cando a vítima sexa derivada directamente a eles/as ou para evitar a vitimización secundaria.
  • Recollida de información, avaliación inicial da vítima e valoración das medidas iniciais de apoio psicolóxico.

NA FASE DE INFORMACIÓN:

  • Sobre as medidas psicolóxicas de asistencia e apoio dispoñibles e do procedemento para a súa aplicación.
  • Sobre os servizos especializados dispoñibles que poidan prestar asistencia.

NA FASE DE INTERVENCIÓN:

  • Avaliación da vulnerabilidade das vítimas.
  • Asistencia psicolóxica ás vítimas no ámbito do proceso xudicial penal.
  • Proposta das medidas de asistencia e de protección das vítimas durante a fase de investigación e ao longo de todo o proceso.
  • Elaboración dos informes de avaliación individualizada.
  • Acompañamento a xuízo ou a outras instancias xudiciais, ou proposta de acompañamento pola persoa designada pola propia vítima, cando se considere conveniente ou sexa requirido polos/as xuíces/zas e fiscais por se tratar de menores, de persoas con discapacidade intelectual ou doutras vítimas especialmente vulnerables.
  • Derivación ós servizos especializados dispoñibles segundo as necesidades da persoa (Saúde, Igualdade, servizos sociais, etc.).

NA FASE DE SEGUIMENTO:

  • Da evolución da vítima respecto da súa situación de vulnerabilidade.
  • Da propia vítima, ó longo de todo o proceso xudicial penal, ou mesmo por un período de tempo adecuado despois da súa conclusión cando o profesional o considere necesario debido ás circunstancias do caso.