Recursos económicos

Axudas periódicas para mulleres vítimas de violencia de xénero

Axuda de pago único para mulleres vítimas de violencia de xénero

Indemnización para mulleres vítimas de violencia de xénero

Indemnización económica para fillos e fillas menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero, no marco do pacto contra a violencia de xénero

Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA)

Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.  
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar

Renda activa de inserción (RAI)
Programa xestionado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), coa colaboración dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, para á inserción laboral de colectivos con especiais dificultades na incorporación ao mercado de traballo e con necesidades económicas: ao que poden acceder as vítimas de violencia de xénero ou doméstica.
Ministerio de Traballo. Servizo Público de Emprego. Oficinas de Emprego

Axudas económicas para vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual

  • BOE de 12 /12/1995-Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Seguridade Social. Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos
  • BOE de 27/05/1997-Ministerio da Presidencia

Prestacións para persoas con discapacidade

Pensións non contributivas

  • Pensión non contributiva de invalidez: para discapacitados con grao igual o superior al 65%, asegura a todos os cidadáns en situación de invalidez e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico - farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non se cotizou ou se fixo de forma insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva
  • Pensión non contributiva de xubilación

Bono de alugueiro social

Desde xaneiro de 2016 está operativo o bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que, no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollida para este colectivo e adscritos a unha administración pública.