Preguntas frecuentes

Unha das formas para obter información sobre o exercicio deses dereitos é acudir ás Oficinas de Asistencia á Vítima e Atención ao Cidadán.

Existen oficinas na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Poden consultarse os seus datos de contacto aquí.

Si. Aínda que vostede non sexa vítima dun delito nin sexa parte nun procedemento xudicial pode acudir a esta oficina, onde se lle informará de cuestións de índole xeral ou se lle remitirá ao órgano competente para resolver as súas dúbidas.

Non. O Estatuto da Vítima considera vítima a quen sufre directa e persoalmente os efectos do delito (tanto se son danos persoais, incluídos os danos emocionais, como calquera prexuízo económico causado directamente pola súa comisión).

Pero tamén se aplican as súas disposicións aos/ás que son vítimas indirectas, considerando como tales no caso de producirse a morte ou desaparición dunha persoa e cando concorran as circunstancias previstas para cada caso: ao seu cónxuxe non separado legalmente ou de feito (ou persoa unida por análoga relación de afectividade) e aos fillos/as de calquera deles; aos seus proxenitores e parentes en liña recta ou colateral dentro do terceiro grao; ás persoas suxeitas á súa tutela ou curadoría ou que se encontraren baixo o seu acollemento familiar e a os demais parentes en liña recta e aos seus irmáns/irmás, con preferencia, entre eles/elas, do que exercera a representación legal da vítima.

Si. En caso de que esta oficina non poida facilitarlle a información que vostede solicita derivarao/a ao órgano competente.

Neste caso vostede pode obter información de carácter xeral, relativa aos seguintes extremos:

a) Identificación, situación e funcións dos órganos xudiciais e organismos interrelacionados coa Administración de Xustiza.

b) Normas de repartición.

c) Características dos distintos procedementos xudiciais e requisitos para a práctica de actuacións concretas.

d) Lugar, data de celebración e outros datos de interese dos actos xudiciais públicos.

Tamén pode acceder a información particular sobre un procedemento concreto cando vostede acredite interese lexítimo neste. De pretender obter este tipo de información, un/unha funcionario/a da oficina derivarao/a ao órgano competente para acreditar o interese e, no seu caso, facilitar a información que proceda.

Pódese acceder á información comunicándose con esta oficina de forma telefónica, por fax, correo electrónico, por escrito ou comparecendo persoalmente (ou a través de representante legal acreditado, de procurador/a ou de avogado/a designados).

Non obstante, a información particular sobre procedementos concretos unicamente se pode obter cando se solicita de forma presencial na oficina (ou a través dos representantes mencionados) ou por escrito e, en todo caso, previa identificación para comprobar a súa condición de interesado no procedemento.

Non. Existen límites fixados polas leis procesuais, pola Lei Orgánica do Poder Xudicial e pola Lei de Protección de Datos.

Sendo parte nun procedemento, vostede ten dereito a recibir, en todo caso, información particular relativa á fase e estado dos procedementos, á realización dalgún trámite concreto e á identificación das autoridades ou do persoal ao servizo da Administración de Xustiza que interveñan na tramitación dos procedementos. 

Non. A información facilítase sen comunicar os seus datos de identificación persoal nin de achegar ningún tipo de acreditación da súa situación de violencia de xénero, e conservando o seu anonimato, salvo que se solicite información sobre un procedemento concreto.

Si. O Estatuto da Vítima do delito establece que esta pode estar acompañada, durante a práctica das dilixencias nas que deba intervir, por unha persoa da súa elección, salvo resolución motivada en contrario; tamén pode ir acompañada a esta Oficina pola persoa que elixa.

Non. As funcións desta Oficina non se limitan a facilitar información senón que esta tamén se ocupa de prestar a asistencia que sexa precisa e a axuda necesaria para cubrir impresos e formularios. Ademais, en caso necesario, derivarano ao servizo ou órgano correspondente e acompañarano/a ao mesmo, se fose necesario e cando se atope nas dependencias xudiciais; noutro caso, facilitaranlle os datos precisos para poder acudir ou contactar co servizo ou órgano competente. 

Tamén pode presentar nesta Oficina as queixas, denuncias e suxestións que estime oportunas.

Non. Facilitaranse formularios aos cidadáns que o interesen para que poidan presentar por escrito as súas peticións.

Estes formularios  estarán dispoñibles e á vista do público, pero non é obrigatorio o seu uso.

Pódese facilitar información a terceiras persoas só nos casos expresamente previstos e cando a vítima o consinta, pero este consentimento ten que ser previo e informado. Fóra destes supostos só pode trasladar a información, e con carácter reservado, á autoridade que adopte unha medida de protección.

Dentro dos dereitos básicos do Estatuto da Vítima de delito recóllese o dereito de achegar unha solicitude para que se lle notifiquen una serie de resolucións procesuais, que se reflicten no artigo 7 da referida norma.

Para estes efectos, a vítima designará na súa solicitude unha dirección de correo electrónico e, na súa falta, unha dirección postal ou domicilio, ao que serán remitidas as comunicacións e notificacións pola autoridade.

No caso de ser vítima de violencia de xénero non é necesario que achegue a solicitude. O xulgado ten a obriga de comunicarlle as seguintes resolucións:

  • As resolucións que acorden a prisión ou a posterior posta en liberdade da persoa infractora, así como a súa posible fuga.
  • As resolucións que acorden a adopción de medidas preventivas persoais ou que modifiquen as xa acordadas, cando tivesen por obxecto garantir a seguridade da vítima.

Son as recollidas no artigo 7 do Estatuto da Vítima:

a) A resolución pola que se acorde non iniciar o procedemento penal.

b) A sentenza que poña fin ao procedemento.

c) As resolucións que acorden a prisión ou a posterior posta en liberdade do infractor, así como a posible fuga do mesmo.

d) As resolucións que acorden a adopción de medidas cautelares persoais ou que modifiquen as xa acordadas, cando tivesen por obxecto garantir a seguridade da vítima.

e) As resolucións ou decisións de calquera autoridade xudicial ou penal que afecten a suxeitos condenados por delitos cometidos con violencia ou intimidación e que supoñan un risco para a seguridade da vítima. Nestes casos e a estes efectos, a Administración penal comunicará inmediatamente á autoridade xudicial a resolución adoptada para a súa notificación á vítima afectada.

Estas comunicacións incluirán, polo menos, a parte dispositiva da resolución e un breve resumo do fundamento da mesma, e serán remitidas á súa dirección de correo electrónico.

Non. As comunicacións fanse por correo electrónico ou, excepcionalmente, se a vítima non dispuxese dunha dirección de correo electrónico, remitiranse por correo ordinario á dirección que facilitase.

No caso de cidadáns residentes fora da Unión Europea, se non se dispuxese dunha dirección de correo electrónico ou postal na que realizar a comunicación, remitirase á oficina diplomática ou consular española no país de residencia para que a publique.

As resolucións téñense que notificar ao seu procurador/a e tamén se teñen que comunicar á vítima na dirección de correo electrónico que facilitou, no seu caso.

As vítimas, incluídas as de violencia de xénero, poderán manifestar en calquera momento o seu desexo de non ser informadas das resolucións, quedando sen efecto a solicitude realizada.

Ténselle que facilitar, cando o solicite, a información relativa á situación na que se atopa o procedemento, salvo que iso poida prexudicar o correcto desenvolvemento da causa.