Son parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no rexistro de parellas de feito de Galicia.
Segundo a Lei 10/2007, do 28 de xuño, que reforma a disposición adicional terceira de Lei de Dereito Civil de Galicia—, os seus membros deben expresar a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio co que se estenden aos membros da parella os dereitos e as obrigas que a lei recoñece aos cónxuxes.
Non poden constituír parellas de feito:
Os membros da parella de feito poderán establecer en escritura pública os pactos que consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos, que corresponden como membro da unión ou gravemente prexudiciais para cada un destes.
A inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia é voluntaria e ten carácter constitutivo. Para acceder á inscrición os membros da parella de feito deberán cumprir os requisitos legais establecidos.