Programa estatístico anual

O Decreto 188/2016, do 22 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, recolleu no seu anexo II en curso a explotación estatística do Rexistro de Parellas de Feito.

Co fin de acadar os obxectivos previstos no proxecto técnico básico da operación estatística, a través deste portal web preséntanse desde 2015 os datos estatísticos anuais correspondentes aos parámetros establecidos no antedito proxecto, que corresponden aos datos globais de expedientes por xefaturas territoriais (provincias), así como números globais a nivel autonómico en relación coas inscricións practicadas no dito rexistro.

Seleccione o ano estatístico a consultar: