A mediación, a través do diálogo e o entendemento, permite dar unha mellor resposta naqueles litixios en que as partes implicadas requiren manter unha relación posterior á resolución do conflito, polo que se presenta como un mecanismo apto na resolución das controversias de familia.
A implantación en Galicia da mediación moderna tivo lugar coa entrada en vigor da Lei 4/2001 de mediación familiar en Galicia (LMFG), e desenvolveuse mediante o Decreto 159/2003, polo que se regulou a figura do mediador, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta.
O carácter multidisciplinar do equipo mediador (xuristas, que explican ás partes a lexislación aplicable á súa relación e ao mesmo tempo as necesidade e particularidades do proceso, e psicólogos, que axudan a resolver os problemas de achegamento e enfoque das partes acadando o clima necesario apra a negociación) permite orientar ás persoas que teñan iniciado un procedemento xudicial como resultado dun conflito familiar, para conseguir unha solución satisfactoria ás súas controversias, habida conta da necesaria relación posterior á resolución do conflito que han de manter por ter intereses comúns, considerando as necesidades de cada membro de familia e especialmente dos nenos.
Para levar a práctica esta actuación, a Xunta ten subscritos diversos convenios co Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma, os colexios de avogados e psicólogos, e a Universidade, para ofrecer o devandito servizo á cidadanía.
Xulgados que ofrecen mediación familiar intraxudicial:
Xulgados que derivan a mediación no ámbito penal:
Servizos de mediación familiar intraxudicial: tratan asuntos que xa teñen iniciado un proceso xudicial, sendo o xulgado que está a tramitalo o que deriva o caso ao servizo de mediación.