Notas informativas

17/05/2024 19:33

Galicia crea unha comisión mixta cos letrados da Administración de Xustiza

O Boletín Oficial do Estado publicou onte o convenio entre a Xunta e o Ministerio de Xustiza para a posta en marcha do novo órgano de comunicación, coordinación e colaboración

O obxectivo é garantir a mellor xestión dos medios persoais e materiais

A Xunta celebra a posta en marcha do rexistro electrónico
13/05/2024 12:35

A Xunta celebra a posta en marcha do rexistro electrónico

O director xeral de Xustiza asistiu ao acto conmemorativo da dixitalización total deste servizo, organizado polos Rexistradores de Galicia

O Goberno galego congratúlase deste importante avance na accesibilidade e proximidade da prestación dos servizos de xustiza, un marco de acción prioritario para a Administración autonómica

10/05/2024 19:22

A Xunta pon en valor o traballo dos colexios profesionais e a súa contribución a unha Galicia máis próspera

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na entrega dos premios anuais da Unión Profesional de Galicia, que recoñecen o labor dunha vintena de persoas colexiadas de distintos sectores

A Xunta e a Fundación Galega contra o Narcotráfico renovan a súa colaboración na xestión de bens comisados
10/05/2024 14:17

A Xunta e a Fundación Galega contra o Narcotráfico renovan a súa colaboración na xestión de bens comisados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe o convenio 

O Goberno galego achega 32.000€ para apoiar as autoridades xudiciais e outros axentes implicados na xestión, depósito e realización anticipada dos bens incautados 

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como referente do estado pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro
08/05/2024 13:12

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como referente do estado pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro

O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos profesionais da avogacía e a procuradoría

A Xunta destinou desde 2010 máis de 167M€ á prestación do servizo, con incrementos en todos os conceptos

A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller
03/05/2024 16:34

A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión para pedirlle ao Goberno central máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia

Ademais do novo tribunal na capital galega, considéranse prioritarios novos xulgados de Primeira Instancia para Ourense e de Primeira Instancia e Instrución en Viveiro e Vilagarcía de Arousa

Tamén se propuxo reforzar o persoal da Audiencia Provincial da Coruña e da de Pontevedra, así como a Sala do Social do TSXG con cadanseu maxistrado

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos
23/04/2024 14:03

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos

Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar o uso social dos bens incautados