A Audiencia Provincial deixa sen efecto a imputación de cinco membros de ADIF en relación ao accidente de tren de Santiago

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, notificou o luns 4 de novembro un auto polo que se acorda deixar sen efecto as imputacións realizadas polo Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago con respecto a cinco persoas de ADIF. Esta resolución é firme e contra a mesma non cabe recurso algún.
 
Tamén se notificou un auto da Audiencia no que se estima parcialmente outro recurso de apelación e no que se acorda ampliar o obxecto da proba pericial.

Os dous autos figuran como anexos.

[Fonte: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]