O director xeral de Xustiza reúnese con representantes da avogacía e procuradoría da provincia de Pontevedra

Pontevedra, 12 de abril de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo esta mañá unha reunión coa decana do Ilustre Colexio Provincial da Avogacía de Pontevedra, Gema Rial; e co decano do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra, Joaquín Gabriel Santos Conde, para abordar as necesidades en materia de xustiza na provincia pontevedresa, e sobre todo, no que se refire á carga de traballo nos xulgados de Vilagarcía de Arousa. 

[Fonte: Xunta de Galicia]