Presentación de solicitudes de licenzas por enfermidade e prórrogas a través da OPAX

24/4/2020 - A solicitude de licenza por enfermidade, así como as súas prórrogas, debe realizarse desde hoxe a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza  de Galicia (OPAX), anexando unha fotografía ou unha copia escaneada do parte de baixa ou da prórroga (calquera delas en formato PDF).

Instrucións:

  1. Acceder á OPAX, entrar no apartado "Alta Licenza" e escoller en “Tipo de licenza” a opción de "Licenza por enfermidade" ou de "Risco durante o embarazo e a lactación", segundo sexa o caso.

  2. Cubrir os datos do formulario da solicitude e premer no botón "Gardar".

  3. Unha vez gardada, na páxina de xestión de solicitudes débese seleccionar a solicitude e premer no botón "Adxuntar doc".

  4. Unha vez feito isto, na ventá emerxente que permite subir documentación hai que realizar as seguintes accións:
    • Premer o botón "Examinar" para localizar no seu equipo o documento que se quere anexar.
    • Premer o botón "Adxuntar" para subir o documento.
    • Premer o botón "Presentar" para enviar o arquivo á delegación.