Mediación familiar intraxudicial
"A mediación permite dar unha mellor resposta naqueles litixios nos que as partes implicadas requiren manter unha relación posterior á resolución do conflito"
A mediación, a través do diálogo e o entendemento, permite dar unha mellor resposta naqueles litixios nos que as partes implicadas requiren manter unha relación posterior á resolución do conflito, polo que se presenta como un mecanismo apto na resolución das controversias familiares.
A implantación en Galicia da mediación moderna tivo lugar coa entrada en vigor da Lei 4/2001 de mediación familiar en Galicia (LMFG), e desenvolveuse mediante o Decreto 159/2003, polo que se regulou a figura da persoa mediadora, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta.
O carácter multidisciplinar do equipo mediador (xuristas, que explican ás partes a lexislación aplicable á súa relación e ao mesmo tempo as necesidades e particularidades do proceso, e psicólogos/as, que axudan a resolver os problemas de achegamento e enfoque das partes acadando o clima necesario para a negociación) permite orientar ás persoas que teñan iniciado un procedemento xudicial como resultado dun conflito familiar, para conseguir unha solución satisfactoria ás súas controversias, tendo en conta a necesaria relación posterior á resolución do conflito que han de manter por ter intereses comúns, considerando as necesidades de cada membro de familia e especialmente dos/as nenos/as.
Para levar a cabo esta actuación, a Xunta ten subscritos diversos convenios co Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma, os colexios de avogados/as e psicólogos/as e a Universidade, para ofrecer o devandito servizo á cidadanía.
- Servizo de mediación familiar intraxudicial de Santiago de Compostela
- Servizo de mediación familiar intraxudicial de Ourense
- Servizo de mediación familiar intraxudicial de Vigo
- Servizo de mediación familiar intraxudicial de Lugo
- Servizo de mediación familiar intraxudicial da Coruña
- Servizo de mediación familiar intraxudicial de Pontevedra
Tribunais que ofrecen mediación familiar intraxudicial:
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de A Coruña. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº3 de A Coruña)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de A Coruña. Praza nº2 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº10 de A Coruña)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de A Coruña. Praza nº3 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº15 de A Coruña)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº6 de Santiago de Compostela)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Ourense. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº6 de Ourense)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Lugo. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº6 de Lugo)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Pontevedra. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº5 de Pontevedra)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Vigo. Praza nº1 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº5 de Vigo)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Vigo. Praza nº2 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº12 de Vigo)
- Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Vigo. Praza nº3 (Antigo Xulgado de Primeira Instancia Nº15 de Vigo)
Tribunais que derivan a mediación no ámbito penal:
- Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela (Prazas nº 1, 2 e 3)
- Sección do Penal do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela (Prazas núm. 1 e 2)
Servizos de mediación familiar intraxudicial:
Tratan asuntos nos que xa se iniciou un proceso xudicial, sendo a sección do tribunal que o está a tramitar a que deriva o caso ao servizo de mediación.
- Servizo de Mediación Familiar da Coruña
Rúa Fernández Tapia, 11 baixo
15005 A Coruña
Tfno. 981 126 090
Fax: 981 120 480
icacor.media@icacor.es
http://mediacion.icacor.es - Equipo Mediación Intraxudicial Santiago de Compostela
Rúa Madrid 2-4 - Edificio EGAP
15707 Santiago de Compostela
Tfnos. 690 846 784 - 659 487 138
equipomediacion@hotmail.com - Equipo de Mediación Familiar Ourense
Pza. Concepción Arenal s/n, 1º (antigo edificio da Cámara da Propiedade)
Cristina Nespereira Mira, avogada, e José A. Varela Alonso, psicólogo.
Tfno. 988 386 934
familiar@justicia.es - Universidade de Vigo
Tfno. 65 0911 694
mediacionfamiliarvigo@uvigo.es - Gabinete de Orientación Familiar dependente da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo