Todos os colexios de avogados dispoñen dun servizo de orientación xurídica (SOX), para asesorar e orientar os peticionarios de asistencia xurídica gratuíta. Este servizo facilita aos solicitantes a información sobre os requisitos necesarios para a súa concesión, así como o auxilio na redacción dos impresos solicitude. Este asesoramento ten, en todo caso, carácter gratuíto para os solicitantes.
As solicitudes iniciais de recoñecemento de asistencia xurídica gratuíta débense realizar mediante o modelo normalizado establecido. Os impresos de solicitude facilitaranse nas oficinas xudiciais, na propia sede das comisións de asistencia xurídica gratuíta, a través do modelo facilitado neste portal e nos propios SOX dos diferentes colexios de avogados de Galicia:
Provincia | SOX | Dirección |
---|---|---|
A Coruña | SOX Colexio de Avogados da Coruña | Federico Tapia, 11 baixo 15007 A Coruña Telf.: 981 126 090 Fax.: 981 120 480 |
Edificio Novos Xulgados. R/ Monforte s/n 15007 A Coruña Tel.: 981 185 179 Fax.: 981 185 199 | ||
SOX Colexio de Avogados de Santiago de Compostela | R/ Eduardo Pondal nº 4 (baixo) 15072 Santiago de Compostela Telf.: 981 581 713 Fax.: 981 581 132 | |
SOX Colexio de Avogados de Ferrol | Palacio de Justicia. R/ Coruña s/n (baixo-dereita) 15402 Ferrol Telf.: 981 354 705 Fax.: 981 355 224 | |
Lugo | SOX Colexio de Avogados de Lugo | Palacio de Xustiza. Avenida Rodríguez Mourelos s/n 27002 Lugo Telf.: 982 221 997 |
R/ Pascual Veiga nº 2 27002 Lugo Telf.: 982 241 007 Fax.:982 241 390 | ||
Ourense | SOX Colexio de Avogados de Ourense | R/ Concejo nº 22 32003 Ourense Telf.: 988 370 746 Fax.: 988 370 962 |
Pontevedra | SOX Colexio de Avogados de Pontevedra | Avenida Reina Victoria, 9 36001 Pontevedra Telf.: 986 899 866 Fax.: 986 859 202 |
SOX Colexio de Avogados de Vigo | Edificio Plaza de América nº 2 - 1º 36211 Vigo Telf.: 986 208 111 Fax.: 986 200 003 |