Diego Calvo asiste ao acto oficial de apertura do Ano Xudicial

A Coruña, 16 de setembro O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá ao acto oficial de apertura do Ano Xudicial na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na Coruña. Tamén acudiron o director xeral de Xustiza, José Tronchoni e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. 

[Fonte: Xunta de Galicia]