O Nodo de Ciberseguridade de Galicia convoca un concurso dirixido a escolares, xa que son vítimas 3 de cada 20 ciberdelitos denunciados

A convocatoria está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO, e o prazo de inscrición para participar estará aberto ata o 29 de outubro

O obxectivo do concurso e concienciar as persoas menores sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais e axudarán a que poidan identificar e previr os posibles ataques

O Nodo celebrará os días 10 e 11 de novembro o Encontro Galego de Ciberseguridade na Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021.- O Nodo de Ciberseguridade de Galicia, promovido pola Xunta, convocou un concurso dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO con obxectivo de concienciar as persoas menores sobre os riscos aos se enfrontan no uso de tecnoloxías dixitais.

Os corpos policiais rexistraron 287.963 ciberdelitos en España no ano 2020, un 32% mais que o ano anterior, dos cales 14.632 foron denunciados na Comunidade Autónoma de Galicia. A nosa comunidade sitúase na sétima posición das autonomías mais afectadas polos ciberdelitos, e A Coruña e Pontevedra entre as vinte provincias nacionais onde mais feitos cibercriminais se denunciaron.

O perfil das vítimas non deixa de lado aos menores de idade. Un total de 3.427 ciberdelitos foron dirixidos a este colectivo en España. Os delitos sexuais a través do uso das tecnoloxías dixitais e as ameazas e coaccións son os grupos penais que encabezan a tipoloxía de ciberdelitos denunciados dirixidos aos menores.

Para afrontar esta situación, a Xunta de Galicia promoveu a creación do Nodo galego de Ciberseguridade CIBER.gal, estrutura de colaboración público-privada en materia de ciberseguridade fundada pola Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as catro deputacións galegas, a FEGAMP, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN).

Un dos obxectivos fundamentais deste nodo é concienciar sobre a importancia da ciberseguridade, motivo polo que organiza o Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal os días 10 e 11 de novembro de 2021 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Neste encontro, ademais doutras actividades destinadas tanto ao tecido empresarial, como á cidadanía e á administración pública que se poden consultar no programa, celébrase o Concurso Ciberseguridade no cole!, co obxectivo principal de concienciar ao alumnado sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan os medios dixitais. Esta iniciativa foi promovida por Telefónica no marco deste encontro.

O concurso conta cunha fase clasificatoria en liña e unha final presencial, e para participar é preciso inscribirse neste formulario antes o 29 de outubro ás 12:00h.

[Fonte: Xunta de Galicia]