A Xunta presenta ao xuíz decano de Vigo os avances na obra de rehabilitación da nova Cidade da Xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañaron hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, e a un grupo de xuíces na súa visita ás obras

A Xunta inviste 42 millóns de euros neste edificio de 44.000 metros cadrados para unificar os órganos xudiciais da cidade e acoller 36 unidades, ademais de deixar espazo para outras 21 coas que dar resposta a futuras necesidades
 

Vigo, 27 de marzo de 2021- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, acompañaron hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, na súa visita ás da Cidade da Xustiza xunto cun grupo de xuíces.

Juan José Martín explicou que os traballos de rehabilitación do antigo Hospital Xeral avanzan segundo o previsto para acoller a obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu 42 millóns de euros. Supón case o 40% dos 115 millóns de euros do Plan de Infraestruturas Xudiciais, posto en marcha polo Goberno galego para levar a cabo actuacións necesarias nas sedes xudiciais galegas para modernizar e unificar os servizos xudiciais en Galicia co obxectivo de mellorar as instalacións existentes e prever ás necesidades estruturais da planta xudicial galega.

Así, no caso da Cidade da Xustiza, disporase de 44.000 metros cadrados para acoller 36 unidades xudiciais e con espazo para outras 21 en caso de futuras ampliacións. Unha vez rematadas as obras tamén este órganos xudiciais trasladaranse ao longo deste ano a este edificio, xunto coas 2 seccións da Audiencia Provincial, a Fiscalía da área e a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

En canto ao persoal, as novas dependencias acollerán a algo máis de 500 traballadores da Administración da Xustiza, que ademais contarán cunha gardería de 40 prazas para facilitar a conciliación laboral e familiar.
 

[Fonte: Xunta de Galicia]