A Xunta está a rematar o traslado do Xulgado de Menores ao edificio da audiencia e libera espazo para a xurisdición social

Lugo, 15 de febreiro de 2021.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as dependencias nas que se situará o Xulgado de Menores e aproveitou para comprobar a situación do traslado do citado xulgado ao edificio, que entra na última fase coa instalación das conexións informáticas e telefónicas necesarias. Estivo acompañado polo presidente en funcións da Audiencia, Edgar Amando Cloos, e a xuíza decana, Olalla Díaz.

Arias explicou que a continuación vanse reordenar e acondicionar dous espazos no edificio dos xulgados, co obxectivo de unificar nunha mesma planta os de primeira instancia e noutra os da xurisdición social, incluído o número 4 que está previsto que comece a funcionar o vindeiro mes.
 

[Fonte: Xunta de Galicia]