A Xunta destaca os avances na obra de rehabilitación da nova Cidade da Xustiza en Vigo que xa está executada ao 87%

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron hoxe a obra xunto co presidente do TSXG, José María Díaz y Castroverde e representantes do sector xudicial

Os traballos avanzan segundo o previsto co remate das estruturas do aparcadoiro ou o edificio anexo, así como e comezo das actuacións no interior no edifico da torre e na gardería

O novo edificio acollerá 36 unidades xudiciais con espazo para ou-tras 20, no que traballarán 500 profesionais da Administración de Xustiza que contarán cunha gardería de 41 prazas
 

Vigo, 10 de febreiro de 2021.- Os traballos na rehabilitación da Cidade da Xustiza continúan avanzando a bo ritmo e dentro do previsto, coa execución da obra xa no 87%, como puideron comprobar hoxe o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nunha visita ás obras xunto co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, e representantes do sector xudicial.

Nestes meses estanse a acometer actuacións para rematar a estrutura do parking e deuse comezo coa actuación no seu interior, así como diversas actuacións no interior do edificio como a montaxe de 4 ascensores. Agora estase iniciando o aislamento exterior das fachadas das rúas Pizarro e Padre Feijóo.

Ademais, séguese a avanzar nos traballos interiores e a medida que se foron avanzando nas estruturas e cerramentos comezaron as actuacións de instalacións e divisións como na gardería, onde xa se está traballando no seu interior e xa hai varias plantas onde están rematadas as divisións e só queda a carpintería interior e estase colocando o pavi-mento de madeira. Os traballos avanzan coa premisa de que o edificio estea completa-mente operativo este mesmo ano.

A infraestrutura, que conta cun investimento de 42 millóns de euros e 44.000 metros cadrados, acollerá 36 unidades xudiciais -con espazo para outras 21, en caso de futuras ampliacións- duas seccións da Audiencia Provincial, a Fiscalía da área e a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). En total, trasladaranse ás novas de-pendencias algo máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que contarán ademais cunha gardería de 41 prazas.

Estas actuacións enmárcanse no Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha pola Xunta e dotado con 115 millóns de euros para levar a cabo actuacións fundamentais nas sedes xudiciais galegas e co obxectivo de dar resposta ás necessidades actuais futuras no ámbito da xustiza.
 

[Fonte: Xunta de Galicia]