A Xunta habilitará dúas novas salas de vistas nos xulgados de A Coruña

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo esta mañá unha xuntanza co decano de xuíces de A Coruña, Luis Merino, onde avanzou que o Goberno galego habilitará dúas novas salas de vistas nos xulgados de A Coruña.

Juan José Martín indicou que estarán ubicadas onde estivo ubicado o Xulgado de Instrución número 8 que despois pasou a ser instalado no edificio xudicial da Fábrica de Tabacos.

No seo do encontro, o director xeral lembrou que nos Xulgados de Coruña mantense o Xulgado de reforzo das cláusulas chan e que no Plan reactivación da Xustiza está outro do Mercantil e dous mais do Social.

[Fonte: Xunta de Galicia]