Ana Ortiz recibe ao novo fiscal xefe da área de Vigo

Vigo, 16 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este martes ao novo fiscal xefe da área de Vigo, Óscar Vallejo, e á antiga fiscal xefa, Susana García-Baquero. A representante autonómica felicitou ao novo responsable da Fiscalía viguesa polo nomeamento e despediu a súa predecesora, a quen lle agradeceu o seu labor durante os once anos que leva no cargo.

[Fonte: Xunta de Galicia]