Dereitos e deberes ante a xustiza

A Carta de dereitos dos cidadáns ante a xustiza recoñece os seguintes principios e dereitos:

  • Principios de transparencia, información e atención adecuada, con obxectivo principal de conseguir unha Administración de xustiza responsable ante os cidadáns, os que poderán formular as súas queixas e suxestións sobre o funcionamento desta e esixir, en caso necesario, as reparacións a que houbese lugar.
  • A necesidade de prestar unha especial atención e coidado na relación da Administración de xustiza con aqueles cidadáns que se encontran máis desprotexidos (vítimas do delito, menores de idade, discapacitados, inmigrantes...).
  • Na relación do cidadán cos avogados e procuradores, velar por un tratamento axeitado e correcto deontolóxicamente por parte dos devanditos profesionais do dereito cara aos seus clientes.
  • Prever as condicións necesarias para dar eficacia aos dereitos dos cidadáns tanto fronte a avogados e procuradores coma ante xuíces e maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais e demais persoas e institucións que cooperan coa Administración de xustiza.