Os arrendamentos rústicos rexeranse:
O obxecto do contrato será o uso e aproveitamento dos terreos rústicos e os elementos vinculados as mesmas, no seu destino agrícola, pecuario ou forestal. A renda e o seu pagamento serán de libre estipulación polas partes, que poderán acordar tamén o sistema de actualización. A duración do arrendamento será a que de común acordo estipulen as partes, e, no seu defecto, de dous anos agrícolas.
O arrendamento de lugar acasarado supón o arrendamento do conxunto de elementos formado pola casa de labor, edificacións, dependencias e terreos, aínda que non sexan lindeiros, así como toda clase de gando, maquinaria, apeiros de labranza e instalacións que constitúan unha unidade orgánica de explotación agropecuaria, forestal ou mixta.
O prazo de duración mínima do contrato pola que se constitúa o arrendamento é de cinco anos. Non obstante, o arrendatario poderá desistir do contrato do lugar acasarado notificándollo ao arrendador con máis de seis meses de antelación á finalización do ano agrícola e sen obriga de indemnizar.
Esta modalidade de arrendamento ríxese pola Lei 3/1993, das aparcerías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia e as modificacións introducidas na mesma pola Lei 6/2005, do 7 de decembro, das aparcerías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia.
Serán arrendamentos rústicos históricos, os constituídos dende tempos inmemoriais e que están rexidos polo costume como institución propia do dereito civil galego e as parzarías históricas, é dicir, as constituídas con anterioridade a agosto de 1942, sempre que non se modificase dende aquela data a participación correspondente a cada unha das partes.
Os arrendamentos rústicos e as parzarías que teñan tales características e estivesen vixentes ata a entrada da Lei 3/1993, quedarán prorrogados ata o 31 de decembro do ano 2015, sen prexuízo do disposto para o caso de acceso do arrendatario ou parceiro á propiedade e do dereito de rescate do propietario.
As parzarías son aqueles contratos polos que unha das partes cede a outra o gozo de certos bens, convindo en repartir en partes alícuotas os froitos ou rendementos que produzan. A forma do contrato de parzaría é libre e a parzaría rexerase polo indicado no seu título constitutivo ou no seu defecto polos usos e costumes. A duración da parzaría será a que, de común acordo, estipulen as partes.
Existen os seguintes tipos de contrato de parzaría, dependendo do ben ou bens obxecto do contrato:
A compañía familiar galega -coñecida tamén como compañía familiar, sociedade galega e sociedade de familias-, consiste naquela asociación entre labradores/agricultores con vínculos de parentesco entre eles, para vivir xuntos e explotar en común terras, lugar acasarado ou explotacións pecuarias de calquera natureza pertencentes a todos ou algún dos reunidos.
A forma do acordo de constitución da compañía é libre e a compañía rexerase polo título constitutivo, o uso ou costume do lugar e as normas de dereito civil galego. Salvo pacto en contrario, entenderase constituída a compañía familiar galega cando un parente do labrador "case para casa", entendendo por tal, o feito de integrarse o novo matrimonio ou parella na vida comunitaria e de traballo do grupo familiar xa constituído.
Son bens da compañía familiar os achegados polos socios, os adquiridos a título oneroso por conta do capital común, os froitos e rendas, as ganancias e os intereses percibidos ou deber durante o mesmo tempo, procedentes dos bens sociais. Tamén as edificacións, reconstrucións, plantacións e calquera tipo de mellora feita nos bens sociais, así como calquera outro que as partes acorden.
E son cargas ou obrigas da compañía, os gastos de mantemento, atavío, instrución, asistencia médica e enterro, tanto dos asociados como das persoas que estean ao seu cargo, así como os gastos de administración, reparacións, melloras, feitos no beneficio da compañía...