As comisións de asistencia xurídica gratuíta (CAXG) son órganos colexiados mixtos nos que participan representantes da Administración autonómica, do Ministerio Fiscal e dos colexios profesionais de avogados e procuradores. Están adscritas á Dirección Xeral de Xustiza, o órgano que ten atribuídas as competencias en materia de xustiza en Galicia.
En Galicia están constituídas sete comisións de asistencia xurídica gratuíta: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,Pontevedra e Vigo. Cando o volume de asuntos que soporta unha comisión o xustifique, poderán crearse delegacións. A coordinación corresponde á Dirección Xeral de Xustiza.
As comisións de asistencia xurídica gratuíta informarán a Dirección Xeral de Xustiza sobre o seu funcionamento, facilitando os datos e as estatísticas que lles sexan requiridos, e propoñerán as actuacións que consideren necesarias para o correcto funcionamento do servizo de asistencia xurídica gratuíta.
Así mesmo, corresponde á Dirección Xeral de Xustiza a dirección funcional e a coordinación dos servizos e unidades administrativas respecto das funcións de soporte administrativo das comisións de asistencia xurídica gratuíta.