Avogados e procuradores

Os avogados e procuradores de oficio exercen o seu labor profesional no ámbito da asistencia xurídica gratuíta sempre que se produce o recoñecemento da mesma. O propio recoñecemento do dereito leva aparellada a súa designación. En ningún caso pode actuar simultaneamente un avogado de oficio e un procurador libremente elixido, ou viceversa, salvo que o profesional de libre elección renuncie por escrito a percibir os seus honorarios ou dereitos.

Unha vez que exista o recoñecemento del dereito de xustiza gratuíta, o solicitante pode renunciar expresamente á designación de avogado e procurador de oficio, podendo nomear libremente un avogado e un procurador da súa confianza (a renuncia afectasimultáneamente a ambos os dous profesionais). Esta renuncia terá que ser comunicada expresamente á comisión de asistencia xurídica gratuíta e aos correspondentes colexios profesionais e non implicará a perda das demais prestacións recoñecidas na concesión do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Salvo nos supostos legalmente establecidos, a defensa do acusado ou imputado será obrigatoria por parte do avogado e procurador de oficio, de acordo coas potestades, dereitos e obrigas que preve a lexislación.