Axudas periódicas para mulleres vítimas de violencia de xénero
Artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero.
Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade
DOG de 01/04/2015
Axuda de pago único para mulleres vítimas de violencia de xénero
Artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade
DOG de 01/04/2015
Indemnización para mulleres vítimas de violencia de xénero
Artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero
Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade
DOG de 01/04/2015
Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA)
Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
Renda activa de inserción (RAI)
Programa xestionado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), coa colaboración dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, para á inserción laboral de colectivos con especiais dificultades na incorporación ao mercado de traballo e con necesidades económicas: ao que poden acceder as vítimas de violencia de xénero ou doméstica.
Ministerio de Traballo. Servizo Público de Emprego. Oficinas de Emprego
Axudas económicas para vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual
Prestacións para persoas con discapacidade
Pensións non contributivas
Bono de alugueiro social
Desde xaneiro de 2016 está operativo o bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que, no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollida para este colectivo e adscritos a unha administración pública.